A organización da Xornada Internacional de Coaching 09 (XIC 09) ven de facer público o avance do programa de actos que se desenvolverán o día 25 de xuño de 2009 en Santiago de Compostela. As actividades xirarán ao redor da metodoloxía de coaching e o mundo empresarial e directivo, aínda que tamén se abordarán outros aspectos relacionados coa xestión de equipos humanos, PNL e a administración do tempo.
O irlandés O’Connor, considerado coma unha das principais referencias mundiais na materia, será un dos poñentes máis esperados, aínda que tamén ten confirmada a súa presenza expertos coma Joaquín Dosil Díaz ou Daniel Álvarez Lamas. Varios empresarios e investigadores figuran entre o elenco de relatores para compartir as súas experiencias co público. Na xornada tamén está programada unha comida de negocios, incluída na inscrición de cada asistente.













