INFORMACIÓN BÁSICA

istock_000004674714xsmallPoñemos ao teu alcance a oportunidade de coñecer de cerca a metodoloxía Coaching, una innovadora ferramenta directiva que, entre outros aspectos, contribúe e mellorar as túas habilidades e capacidades coma empresario. Xestión do tempo, recursos humanos, negociacións, comunicación, desenvolvemento persoal, formación, liderazgo… o Coaching é un paso máis aló.

O 25 de xuño celebraremos en Santiago de Compostela XIC 09, a Xornada Internacional de Coaching. Contaremos coa participación de expertos de renome coma o irlandés Joseph O’Connor, considerado un dos especialistas máis recoñecidos a nivel internacional, pero tamén terás a oportunidade de escoitar a profesionais e empresarios que aplican técnicas Coach no día a día para a mellora competitiva das súas empresas.